As bruxas na Franxoeira dos Olmos
Perto do lugar chamado Os Olmos, parroquia de Vilaquinte, concello de Cervantes (Lugo), hai un monte que se chama A Franxoeira. Trátase dun terreo ladeiro moi empinado e pedregoso que vai parar ao río Ser. Neste lugar dicíase que era onde se xuntaban co demo as bruxas desta contorna polas noites.
[Texto remitido por Isolina Rodríguez López, residente en Piornedo de Ancares. Cervantes (Lugo). Marzo de 2008]