Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Alén, Máis Alá

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Seis curas de Lameiroquente

Había un lugar que se chamaba Lameiroquente. Alí vivía unha señora que non foi casada e tivo seis fillos. Cada un que ía nacendo mandábao bautizar. Ó vir de os bautizar enseguida lle morrían non se sabe o porqué, e desa maneira morréronlle os seis. Cando a señora foi vella e chegoulle a hora de morrer, o cura da parroquia non quixo saber nada para enterrala. Cando saían con ela da casa, no fondo da escaleira, sen saber por onde, apareceron seis curas que cantaron durante todo o camiño e lle tiveron a misa. Cando a ían enterrar, sen saber por onde, desapareceron os seis curas.
A xente dicía:
—¿De onde serán estes curas que cantan tan ben?
Pero ninguén o sabía; entón a xente deu en dicir:
—Pois nada, teñen que ser os fillos que están no ceo e viñan honrar á súa nai.

[Recollido por Rosa Mª Lorenzo e Mercedes Mira en xaneiro de 1991, en Vilar de Flores, parroquia de San Breixo de Espiñeiros, concello de Allariz (Ourense)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: