Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 119: O Entroido e a lúa

O día principal e case final do Entroido —aínda queda o enterro da sardiña e as piñatas — é o Martes Gordo. Como é ben sabido, a data varía cada ano pois está condicionada pola de Pascua de Resurrección e esta á súa vez polos calendarios solar e lunar.

O Domingo de Resurrección será o primeiro posterior á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera —21 de marzo —. Escollérono así os primeiros cristiáns para que coincidise coa Pascua xudía pois parece que esa era a festa que se celebraba cando a Última Cea.

E como a igrexa marca o tempo en corentenas, o período precedente, o da Coresma —de xaxún e abstinencia—, debe durar outros corenta días. Así que descontando esa corentena —sen computar os domingos— fixamos a data exacta do día grande de Entroido que será sempre martes por ser domingo o de Resurrección.

O que sempre coincide é que os días grandes do Entroido caen en período de lúa nova e a Semana Santa en lúa chea. Isto ten moitas e interesantes lecturas e interpretacións sobre a migración das almas que aquí non temos lugar para comentar.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 16 de febreiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: