Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Alén, Máis Alá

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 095: O sal da vida e da morte

Seguro que coñecen moitos usos cerimoniais do sal, amais dos cotiás como conservante e adubo de alimentos. O cristianismo e outras relixións usan o sal nos seus rituais por ser considerado simbolicamente sostén da vida.

Nin o Demo nin os seareiros —bruxas, magos— aturan o sal. Esa é a razón pola que se pon unha area de sal na boca do novizo no bautismo e pola que se repartía sal entre os que presenciaban o transo da agonía. Colocar pratos ou saquetas de sal sobre os cadáveres afástaos da profanación demoníaca e impide que inchen pois o sal combate a corrupción e a profanación dos corpos ante o acoso dos maléficos. Os exipcios e os romanos esparexían sal nas vilas e cidades conquistadas.

Derramar sal na mesa é de mal agoiro pero se collen un pouco dese sal ciscado e o botan en tres veces para atrás por enriba do ombro esquerdo conxurarán o meigallo e cegarán o Demo.

En Luaña dise que se lle botas dúas presas en forma de cruz a alguén por enriba da casa ou por debaixo da porta, comezáranlle os problemas. No Courel, en cambio, usan sal para protexer as casas das treboadas.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 13 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: