Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Alén, Máis Alá

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A luz das ánimas

Según contas os máis vellos do lugar, na parroquia de Santa Marta de Babío, Bergondo (A Coruña), alá por finais do século XIX ou princios do XX, sucedeu un feito moi raro. Nunha casa da aldea faleceu un dos señores que a habitaba xunto coas súas irmáns. Dalí a pouco tempo a casa recibía unha curiosa visita tódalas noites: unha luz baixaba pola costa do monte onde está situado o camposanto e poñíase enriba do tellado da citada casa ata que se facía de día e logo desaparecía...
Os veciños do lugar pronto comezaron a falar do feito en tabernas, romerías e mercados, asombrados polo que acontecía na parroquia. Así, cada noite eran moitos os que acudían preto da casa a ver esa estraña luz que baixaba pola costa desde o cimiterio ata pousarse derriba da casa. Para moitos, aquilo metía medo. Ás escuras, en plena noite, víase unha luz (daquela non había luz eléctrica nin farois que se puidesen confundir con isto) moi brillante que baixaba a costa do monte onde está o camposanto que se dirixía á casa en cuestión...
Isto durou algúns anos, ata que non quedou ninguén desa familia. Logo a luz desapareceu igual que nacera, sen deixar rastro nin explicación posible.
Hoxe en día son moi poucos os que acordan este feito, pero aínda hai vellos do lugar que poden contarvos esta mesma historia...

[Texto remitido por Dolores Trillo Cabana, Bergondo, A Coruña]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: