Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Alén, Máis Alá

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A ánima e a Virxe de Conforto

»Víñamos da vila eu e mais unha sobriña da casa do medio. Entonces ela tiña unha enfermedá e despois tivo unha nena e a nena, ela decía que lle viña sempre a regla e que tivera a nena, e non podía ser; esas cousas non podían ser, que se retira, cando hai familia retírase.
E dixo:
—Ai, Caridaíña, ofréceme a algo.
—Heite ofrecer, miña Elviriña, —era unha irmá miña—. Heite ofrecer ó Conforto.
Conque iban pasando, iban pasando, aínda houbo dúas ou tres aquí na parroquia tamén que ofreceron así.
E pasaba coma un cabalo por encima da casa. Daquela aínda non había moito faio nas casas esas.
Conque vaí e, unha noite, iba a Caridá levar, teñen dúas entradas, unha pa casa e outra pas vacas, aquí nesta casa do medio. Entonces veu unha cousa alta, de negro, daquela iban de negro as mulleres, pero xa morrera miña irmá. E veu unha cousa de negro na porta, así alta. Entonces a Caridá quedouse co balde na mao.
—¡Vente, Caridaíña, non teñas medo que son Elvira! ¡E vaime ó Conforto, que me ofreciche, e non te acordas!
Sentía nos oídos a fala esa pero non vía máis que aquela sombra, negra. Veulle eso ós oídos, dixo a Caridá. E dixo:
—Bueno, pois vaite logo que heiche de ir, heiche de ir ó Conforto.
E foron dúas ou tres, foron máis que tamén se ofreceron as irmás e as mais. E foron..., e pasoulle. Nunca máis volveu».


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: