Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

As meigas do Monte de Pedreiras

O Monte de Pedreiras, que está en Santa Cristina de Vinseiro, A Estrada (Pontevedra), está encantado. Nel dise que se aparece unha galiña que pon ovos de ouro, un encanto que por selo non se deixa coller.
E pola noite de San Xoán aparécense tamén neste monte unhas meigas cubertas cunha saba branca e un calacú ou cabaza cos furados dos ollos e da boca, e no interior unha luz acesa.
Os veciños cando pasan por alí sempre levan unha sacha. Para comprobar se as meigas son tal pintan unha cruz dentro dun círculo no chan e métense dentro. E dinlle ás meigas:

Desconxuro santus est,
demo branco non o hai
e demo negro non o es.

E arréanlle co sacho ao espentallo que se o é, esváese.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: