Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Rachar o hábito nas Penas da Salsa

Nas Penas da Salsa, en Fazouro, concello de Foz (Lugo), que teñen sona de ser lugar de encantos e misterios sucedeu o seguinte. Un home do lugar da Torre que ía ás algas co seu burro víu alí un home cuberto cunha túnica e que lle dixo que collera unha fouce e que lle rachara a túnica:
¾E córtama de arriba a abaixo, que despois hase de abrir a terra e hemos desaparecer os dous pola regaña. Se ma cortas de abaixo para arriba, nunca máis vas poder saír da casa polas noites.
Manuel, que así se chamaba o home de Torre, colleu a fouce e cortou desde abaixo cara arriba, a terra abriuse e o que levaba a túnica despareceu.
A partir daquel día Manuel nunca saíu da casa pola noite.

Para a comprensión deste relato recoméndase a lectura do que se di na voz “Ruín” do noso diccionario.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: