A Virxe da Ascensión de Arca
Os veciños da parroquia de San Miguel de Arca, A Estrada (Pontevedra), eran, e ao mellor aínda son, moi devotos da Virxe da Ascensión.
Unha vez un dos veciños estaba metido nun bo apuro coa xustiza e o avogado díxolle que non tiña maneira de defendelo, e que o condenarían a moitos anos de cadea.
Entón visitou a ermida da Ascensión e alí rogoulle á Virxe que lle axudase pois era inocente. Entón, a Virxe faloulle e díxolle que cando o xuíz lle preguntase, fose o que fose, que só respondese tres palabras (non se sabe cales foron esas tres palabras).
Así o fixo e quedou libre. E por ese motivo aquel veciño de alí en adiante pedía polas portas todos os anos para, en agradecemento, facerlle a función á Virxe da Ascensión.
BIBLIOGRAFÍA