Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Virxe das Fontiñas

Contaba meu avó que ás 12 da noite de San Xoán aparecía nas Fontiñas unha moza toda vestida de branco. Esta moza, dicía, era moi fermosa e mostrábase envolta nun certo resplandor tal como se fose unha virxe. Traía unha flor na boca e aqueles máis arroutados que conseguisen tirarlla verían convertela en ouro e nunca máis lles faltarían riquezas. De non conseguir o propósito, a moza desaparecía e deberían agardar a unha nova noite de San Xoán para volvelo intentar. Non obstante, esta visión non se lle aparecía a calquera. Só se mostraba a aqueles que acudían ao encontro con moita fe en que a visión se faría realidade. Se non, nunca se tería a oportunidade de ver a aparición e tentar remediar as necesidades económicas.
Meu avó enumeraba os veciños que acudiran a esa cita coa intención de cambiar a súa sorte, sen resultado positivo, evidentemente.

[Texto remitido por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: