Sabía que para curar as verrugas...
► Pódese atar unha serda do rabo dunha vaca arredor da verruga a agardar a que seque.
► Outro remedio sería ir o 11 de xullo ó San Benito a Cuntis e levarlle un ovo por cada espulla que teñamos, o santo hánolas quitar todas. Ou tamén podemos coller na figueira un figo verde e freta-la espulla co leite que solta o figo, logo tápase e así durante nove días, a espulla hase por negra e secar. [Enviado por María J. Sanjiao, de Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis].
► Pódese fregar a verruga co zume da planta chamada ceridonia (ceruda, herba das andoriñas) durante dúas ou tres semanas ata que seque.
► Pódese pasar pola verruga, facendo cruces, o coitelo de San Adrián; coitelo de salgueiro que tocou o manto da imaxe do San Adrián que hai no santuario de Goiriz, Vilalba (Lugo).
►Hai que ir lavalasá fonte de Santa Mariña de Xerdiz
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS
Para curar as verrugas hai que coller unha "lamáchega" (babosa negra) e pasala pola verruga untando ben a baba, e despois colgala con un fío nun piñeiro que estea situado nun outeiro dende o cal se vexan 3 igrexas, todas elas con cemiterio. Cando a babosa seque tamén o fará a verruga.
Enviado por Pili (Arteixo) o 29/09/2007 ás 9:10:24
Para curar a verrugas ahi que ir laválas a fonte do San Xoan do Carballoso, secalas ben e atar o pano co que as secas nun carballo que está o pé desa fonte. Parroquia de Xallas Concello de Negreira - A Coruña.
Enviado por Vanessa Casal o 15/05/2008 ás 16:02:49
Remedio dos avós:
Para quitar as verrugas cóllese unha variña ben feita,que atraia a tención de outra persoa. Refrégase a verruga con ela ao tempo que dis "Verruguiñas teño,verruguiñas vendo,deixoas quedar e voume correndo" tiras a vara e vaste do lugar correndo. Din que cando esa variña sexa collida por outra persoa collerá as verrugas que tiñas tí, e a ti desapareceranche.
Enviado por Mila L.P. (Lugo) o 27/04/2010 ás 22:47:39
o mellor para eliminar as verrugas é cortalas pois é indoloro como explotar un grano e tan solo tes que ponerlle unha tirita e esperar a que caiga a costra como se de unha herida se tratase
Enviado por manuel puente castro colegio san francisco javier 1 ESO o 18/11/2015 ás 16:17:58
Dín que o mellor remedio é ir ofrecido o San Bieito da Uceira (Sandiás). Esta romaría realízase tódolos luns de Pascua e os segundos domingos de xullo. O San Bieito da Uceira é un santo especialmente avogoso para as verrugas, que ten moito predicamento entre os veciños da comarca da Limia e dos arredores. A tradición esixe que se pase un pano polas zonas do Santo onde se padeza o mal (por exemplo, os ollos), e logo polas zonas equivalentes da persoa. Tamén se entende que os poderes do santo se reforzan coa compra dun exvoto de cera.
Enviado por Xavier F. (www.culturapopulardesandias.com) o 13/01/2008 ás 18:11:02
Outro remedio sería ir o 11 de xullo ó San Benito a Cuntis e levarlle un ovo por cada espulla que teñamos, o santo háno-las quitar todas.
Ou tamén podemos coller na figueira un figo verde e freta-la espulla co leite que solta o figo, logo tápase e así durante nove días, a espulla ase por negra e secar.
Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis
Enviado por María J. Sanjiao o 26/06/2008 ás 9:56:55
Enviar comentario a este artigo: