Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os tesouros do Monte Cornería

O bispo Maeloc (Mahiloc, Mailoc, Mayloc) chegou ás costas do norte de Galicia ao fronte das xentes bretonas que fuxían da persecución anglosaxona aló polos séculos V-VI d. C. Maeloc e os seus mesmo fundaron unha sé bispal na actual Bretoña, concello da Pastoriza (Lugo). Cóntase que no monte Cornería, o cume máis alto desta zona da Mariña lucense, localizado en Celeiro de Mariñaos, concello de Barreiros (Lugo) ten que estar soterrado a moitos metros de profundidade un baúl de ouro macizo que contén un diamante azul que fora propiedade de Maeloc. Quen acade este fabuloso tesouro, ademais do valor inmenso do que atopa, gozará de poderes case ilimitados.

***

No monte Cornería, en Celeiro de Mariñaos, escóndese un gran diamante azul, o tesouro de Maeloc. Quen logre descubrir a pedra preciosa, terá un gran sorte, xa que ten todo tipo de poderes e virtudes.

Recompilador: Julián Iglesias. 1º ESO, IES ‘San Rosendo’, Mondoñedo (Lugo).

Grupo ‘Olllomao’ (ENDL do IES ‘San Rosendo’)

Informante:Ángel Rodríguez (62 anos)

Lugar e data de recollida: Lourenzá. Abril de 2015.

***

No monte de Cornería agóchase unha pata de cabra de ouro. Dise que será descuberta por unha pata de corzo, que hoxe abundan moito en Carrás e Cornería. Cando se cavaba no monte, aos mozos da Cazolga entráballes curiosidade; pero desistían de buscar. Coméntase que cando viñan os normandos a Foz e á ría da Espiñeira, chegaban cofres que escondían no monte de Cornería.

Recompiladora: Antía Lillo Irimia. 1º ESO, IES ‘San Rosendo’, Mondoñedo (Lugo).

Grupo ‘Olllomao’ (ENDL do IES ‘San Rosendo’)

Informante: Ramona Andrade Mecía (65 anos)

Lugar e data de recollida: Abril de 2016.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: