Collantres
Collantres é o nome dunha parroquia, baixo o padroado do Divino Salvador, pertencente ao concello de Coirós (A Coruña).
A orixe do topónimo parece proceder, segundo lenda popular que así o acredita, de cando pasou por aquel lugar a Sagrada Familia. A Virxe pediulle a unha muller unha laranxa para o neno, e a mulleriña díxolle:
—Collan tres!
De aí disque lle vén o nome a Collantres.
[Recollido en Belesar, Vilalba (Lugo) por Félix Villares Mouteira]
BIBLIOGRAFÍA