Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte das Meigas de Sueiro

A fonte das Meigas, está en Sueiro, Culleredo (A Coruña), preto da estrada nº 550, Coruña-Santiago, a pouca distancia dos almacéns que El Corte Inglés ten en Altamira.
Á Fonte das Meigas, que é un manancial que forma unha pequena poza, descoidada e abandonada, din que ata os moribundos ían beber dela pola medianoite. Tiñan que chegar por un camiño e voltar á casa por outro distinto e sen falar con ninguén.
Contan que ó redor da fonte aparecían moedas de cobre e outros restos ou residuos de ritos, e os que por alí ían caha-la terra, cando os atopaban marchaban de seguida. Tamén aseguran algúns veciños que, no camiño da fonte, téñense sentido sons de mortos (pantasmas) arrastrando cadeas...
Dise tamén desta fonte, e iso ocorre en moitas fontes de Galicia, que na súa auga adiviñábase o porvir. Botábase na tona da auga a xema dun ovo e segundo a figura ou forma que aparecese interpretábase se a persoa ía casar ou non e mesmo, en caso de ser home, ata a profesión á que se ía adicar. Dependendo de como a xema do ovo se desprazase, adiviñábase tamén se a doenza que os aqueixaba ía desaparecer ou non.


[Información recompilada pola alumna Ana Bocija do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: