Festas e mitoloxía relixiosa
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Serpe de Casal (1)
No lugar de Casal, parroquia de Santa Mª A Real de Entrimo, concello do Entrimo (Ourense) había unha serpe xigantesca que tiña ameazado o lugar; se non lle entregaban unha moza o primeiro domingo de cada mes, destruiría o lugar enteiro.
Cando xa só quedaba unha moza no lugar foi ao encontro da serpe que a agardaba nunha grande pedra ao lado do río Pacín.
Ao chegar alí, a moza comezou a rezar e no medio do rezo aparecéuselle a Virxe; deulle unhas areas e díxolle:
—Cando a serpe estea a punto de te comer, tíralle estas areas aos ollos.
A moza agardou pola serpe e cando xa estaba a punto de papala, tiroulle as areas aos ollos o que provocou que o animal se convertise en pedra e ademais partiuse en tres cachos.
Aínda hoxe se conservan estes tres cachos de pedra; en memoria daquel sucedido a xente coñéceos como As Serpes.
[Recollido por Xavier Pereira Rodríguez en xaneiro de 1994 a José Rodríguez]
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS
Cando xa só quedaba unha moza no lugar foi ao encontro da serpe que a agardaba nunha grande pedra ao lado do río Pacín.
Ao chegar alí, a moza comezou a rezar e no medio do rezo aparecéuselle a Virxe; deulle unhas areas e díxolle:
—Cando a serpe estea a punto de te comer, tíralle estas areas aos ollos.
A moza agardou pola serpe e cando xa estaba a punto de papala, tiroulle as areas aos ollos o que provocou que o animal se convertise en pedra e ademais partiuse en tres cachos.
Aínda hoxe se conservan estes tres cachos de pedra; en memoria daquel sucedido a xente coñéceos como As Serpes