Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A ponte de Ponteboa

No lugar de Ponteboa, en Sobredo, parroquia de Albarellos, concello de Boborás (Ourense), hai unha ponte sen varanda. A ponte fixérona os mouros pero como tiñan por costume comezar as súas obras cando se puña o sol e deixalas rematadas antes do canto do galo, costume que tamén ten o Demo cando se pon a constructor, non a deron acabado. Entón tirábana e volvían a empezar pero por moitas noites que o intentaron, nada; nunca lle daban posto as varandas antes de o galo cantar. Parece que o problema estaba en que mesmo debaixo da ponte hai un pozo moi grande e escuro, moi complicado de pasar a nado. Os veciños vendo que a ponte non se remataba nunca tiveron medo a quedar sen ela. Entón foron xunto do cura da parroquia e pedíronlle axuda. E cando os mouros ían tirar a ponte abaixo para volver a comezar as obras, vai o crego e bendiciuna. E así quedou para sempre; ponte hai, mais sen varanda como aínda hoxe se pode ver.

[Recollido por Antonio Penela Estévez en decembro de 1994 da boca da súa nai Teresa Estévez]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: