Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro da capela de San Lourenzo

Aló polo ano 1900 andaban uns homes da Lagúa, entre eles o señor Manuel de Lombardía, cavando no monte de Penamaior. Cando chovía ían abrigarse á capela de San Lourenzo de Degolada, concello de Baleira (Lugo), que estaba alí cerca. Un día o señor Manuel petou coa aixada na soleira da porta da capela e como resoara moito, díxolles ós compañeiros que alí debaixo debía haber un tesouro e que ía arrincar a soleira. Os outros non lle deixaron arrincala porque tiveron medo a que os castigase San Lourenzo.
Ó outro día pasou por Campo de Árbol un señor francés nun cabalo branco, e preguntou ós pequenos das ovellas pola capela de San Lourenzo, dicindo que tiña que ir alí cumprir unha ofrenda. Deulles perras ós pequenos para que foran a Cereal mercar unhas bolas de pan.
Mentres os pequenos foron polo pan, foise el e arrincou a soleira da porta da capela, e sacou un barril cheo de ouro.
Cando os homes de Lagúa foron ó outro día polas aixadas, que as deixaran dentro da capela, encontraron a soleira levantada, e por alí tiradas as táboas do barril. Aquel día non cavaron nada, pensando que tiveran o tesouro na man e que o deixaran marchar tontamente por medo ó San Lourenzo.

[Recollido polo neno das Escolas de Nantín, Becerreá (Lugo), José Pereira Ulloa, de Lagúa, durante o curso 1950-1951]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: