Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A cadea de ouro da Virxe de Lobios

Xa hai moito disto. Unha moza de Lobios, Sober (Lugo), rouboulle un cáliz de ouro a unha moura que o tiña a asollar, seguramente no Alto da Mota.
A moura transformouse en serpe e botou tras da rapaza. A pobre nena, co medo, mexou por riba dela e deixou as pegadas dos ouriños sobre uns penedos en Vilaronte.
A moura case a pilla. Menos mal que a pícara ao pasar por diante da capela dedica á Raíña dos Anxos, tirou o cáliz para dentro do edifico e berrou:
—¡Que a Raíña dos Anxos me valla!
Ao que respondeu a moura:
—¡A boa madriña te encomendaches!
Nese preciso momento, a serpe retomou a figura de moura e desapareceu.
O cáliz seica estivo na igrexa, coñecíase que o era porque se lle vía o bocho do toupetazo que dera contra o chan cando a nena o tirara dentro da igrexa. Ese cáliz parece que o vendeu o crego e que o sustituiu por unha imitación que non enganou ós veciños.
Desta lenda hai variantes que, en vez dun cáliz, falan dunha cadea de ouro, e en vez de ser unha nena a protagonista, puidera ser un home. E mesmo non hai acordo en se a moura se transformou ou non en serpe. Tamén se di que as vacas que pasan por enriba da laxa onde mexou a moza vense forzadas a mexar alí tamén.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: