Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cruces y cruceiros del Municipio de Begonte

Título: Cruces y cruceiros del Municipio de Begonte.
Editorial: Servicio de Publicacións da Deputación Provincial, Lugo.
Ano de publicación: 1988.
Depósito Legal: LU-1290-1988.
Autores: BLANCO PRADO, José Manuel / RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel..

A obra iníciase cunha breve análise sobre a situación xeográfica, económica e social do concello de Begonte (Lugo). Logo, os autores distinguen tres partes claramente diferenciadas:
Na primeira, aluden á orixe dos cruceiros, á súa expansión, así como á descrición artística dos seus elementos. Con respecto ó concello, distinguen sete cruceiros de estructura simple, que son aqueles que carecen de efixies na cruz ou ben lles falta algún elemento artístico na súa composición. En contraposición, distinguen seis de estructura complexa, que teñen non só efixies na cruz, senón tamén inscricións nas súas bases e outros elementos de maior complexidade. Como remate desta parte, fan referencia ó “Calvario” de Baamonde, do século XVIII, pola súa decoración e detalles.
Na segunda parte, mencionan as cruces do concello, distinguindo catro na parroquia de Castro, dúas na de Bóveda e unha nas de Donalbai, Felmil e Pacios. Éstas adoitaban poñerse en lindes de separación de fincas, adros das igrexas, e encrucilladas.
Finalmente, na última parte, fan referencia ás encrucilladas que presentan unha diversidade de funcións; a saber, alegóricas, funerarias, máxicas, relixiosas, etc.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: