Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Exvotos e rituais nos santuarios lucenses

Título: Exvotos e rituais nos santuarios lucenses.
Editorial: Servicio de Publicacións da Deputación Provincial, Lugo.
Ano de publicación: 1996.
ISBN: 84-8192-078-91.
Depósito Legal: 377-1996.
Autor: BLANCO PRADO, José Manuel..

Nesta obra podemos distinguir tres partes claramente diferenciadas. Na primeira, o autor fai un estudo dos diferentes rituais que acontecen nos santuarios lucenses, nos que ademais de distinguir aqueles ritos xerais a todos eles, como “poñer o santo”, “levar a cabo o rito de circunvalación ó redor do recinto sacro”, “a procesión”... salienta outros que son específicos dalgúns santuarios, como por exemplo “ o ritual do Meco e as Pampónigas”, na Ermida, Queiroga (Lugo), o “bandeo do pendón”, en Arante, Ribadeo (Lugo), as danzas da Cervela, O Incio (Lugo), en honor da Virxe, a bendición do gando no Cadramón, O Valadouro (Lugo), e na Rigueira, Xove (Lugo). No àmbito dos exvotos, distingue aqueles que serven para mellorar os santuario, os ornamentais, caso dos cadros pictóricos, e os máis habituais que son os de cera.
Na segunda parte da obra leva a cabo unha análise concreta de 24 santuarios da provincia estructurados todos eles do mesmo xeito: localización, rasgos artísticos, peticións, rituais e ofrendas. O traballo remata cunhas mencións básicas a 82 santuarios da diócese de Lugo e 62 da de Mondoñedo-Ferrol.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: