Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Religiosidad popular en el Municipio de Begonte

Editorial: Servicio de Publicacións da Deputación Provincial, Lugo.
Ano de publicación: 1992.
ISBN: 84–86824–93–1.
Depósito Legal: 267.
Autor: BLANCO PRADO, José Manuel.

O autor deste libro ten como finalidade facer unha análise de diferentes manifestacións relixiosas de índole popular. Comeza co ciclo festivo-relixioso que abrangue dende o Nadal ata a festividade de Defuntos. Menciona os diferentes actos que teñen lugar nas festividades do S. Antón Abade, Coaresma, Semana Santa e Corpus. Logo fai un estudo detallado do culto existente non só nos santuarios do municipio, senón tamén daqueles ós que adoitan acudir fregueses do concello. Neste análise alude dun xeito preferente ó influxo social que exercen estes recintos sacros, ó poder benefactor das diferentes imaxes, ó carácter terapéutico e ritual dalgúns elementos sagrados e a dimensión profana que dimana dos mesmos.
Outro tema de intérese é a morte que vai provocar unha diversidade de respostas emocionais e a utilización de rituais de índole colectiva, que dan significado e sancionan a separación da persoa morta das que seguen vivindo. Finalmente fai referencia a algúns ensalmos que continuan tendo certa pervivencia na menciña popular, alude no nivel da plástica popular ós cruceiros, cruces e petitorios do concello, e no ámbito da literatura popular fai mención a aquelas adiviñas, cantigas, ditos, lendas e refráns nos que está reflectido o espírito relixioso e popular desta comunidade.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: