Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade

Título: Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade.
Editorial: O Castro, Sada, A Coruña.
Ano de publicación: 2000.
ISBN: 84–7492–997–0.
Depósito Legal: C –2402–2000.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel
Cuberta: X. Vizoso.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández.
Fotos: Fernando Arribas Arias.
Coordenadas U.T.M.: Sonsoles López Izquierdo.

No concello de Begonte atopamos 15 cruceiros, dos que cómpre destacar o calvario situado en Baamonde. Para o seu estudo, tomamos como base a separata “Cruceiros de Begonte”, da que son autores Xosé Manuel Blanco Prado e Manuel Rodríguez Sánchez.
De Cospeito chamounos a atención o elevado número de cruceiros (42) e a súa variedade tipolóxica e riqueza ornamental. De todos eles cómpre destacar o situado na igrexa de Sistallo, por ter os instrumentos da paixón no extremo superior das catro caras do fuste, e os cruceiros de Galán (Sistallo) e do santuario da Feira do Monte por presentar os instrumentos da paixón entrelazados.
No concello de Rábade atopamos un cruceiro no cemiterio; se ben decidimos incluír neste inventario a cruz situada no paso a nivel polo seu valor testemuñal, criterio tamén seguido para a cruz de Moinelos (Xustás, Cospeito) e da Salgueirada (Xermar, Cospeito).
Ó igual que nos anteriores libros da colección, incluímos un resumo por concello, agás Rábade, no que se recollen as tipoloxías máis salientables dos cruceiros estudados.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: