A Virxe de Cadeiras de Pinol
A romaxe en honor da Virxe de Cadeiras, en Pinol, Sober (Lugo) celébrase o 8 de setembro. A principios do século XX participaban na procesión os Danzantes e as Amazonas.
Asegúrase que esta Virxe é irmá da de Trigás en Ourense e da do Monte Faro de Chantada. Polo visto, a imaxe desta Virxe estaba na igrexa de Pinol pero soía escapar ata Cadeiras e agochábase nunha pedra oca, onde gardaba o peite e o xabrón para o aseo. Acabou conseguindo que lle fixesen alí o santuario e o oco da pedra onde se gardaba é hoxe un peto para as esmolas dos devotos.
Un cáliz que hai neste santuario foi producto dun roubo feito ós mouros da comarca. Dise que lles roubaran dous, ambos de ouro, pero dun xa non se sabe pois seica o vendeu o crego.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS