Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Agulla do Demo

Os monxes bieitos do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, (Ourense), tiñan interese na construcción dunha boa ponte para salvar os ríos Sil e Cabe por mor de acurtar as distancias entre as terras de Ourense e Monforte e así facer máis doadas as idas e vindas dos seus recadadores.
Insistiron ante o rei don Felipe IV, pero nada conseguiron pois ós seus desexos opoñíanse os intereses dos influíntes condes de Lemos.
A vella ponte de madeira quedara arruinada por culpa das enchentes e para pasar o río só había pequenas barcas que por calquera contratempo afundían. Pero os monxes non desistiron do seu empeño e trataron co mesmo demo a construcción da anceiada ponte.
O trato que fixeron entrambas partes obrigaba ao demo a facer unha ponte rexa, de pedra, no prazo dunha semana, e a cambio os monxes habíanlle entregar as almas de todos os monxes do mosteiro.
O demo comezou os traballos e nun só día construíu o píar que había servir de alicerce á ponte polo lado do concello de Sober. Pero ao segundo día, os monxes recuaron, volvéronse atrás, pois pareceulles moito prezo o que tiñan que pagar pola ponte. Preferiron salvar as súas almas da condena eterna e quedar sen ponte.
Como proba daquel trato rachado polos monxes bieitos de Ribas do Sil, aínda está alí o píar construído polo demo, unha penedía moi afiada chamada Agulla do Demo, en Abeleda, na parroquia de San Estevo de Anllo no concello de Sober.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: