Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Vilar de Porcos

A un quilómetro de Vilar de Flores, parroquia de San Breixo de Espiñeiros, concello de Allariz (Ourense), cando aínda non existía esta aldea había un lugar chamado Vilar de Porcos. Din que a Virxe se lle apareceu a uns pastores que estaban no monte e entón fixéronlle o santuario alí mesmo.
Din que o lugar de Vilar de Porcos foi deshabitado debido a unha invasión de formigas. Daquela os seus habitantes empezaron a facer as súas casas ó redor do santuario e así foi como se formou Vilar de Flores.
Algún labrego ó labrar na zona onde se di que estaba Vilar de Porcos, levantou tampas de sepulturas, polo que se supón que ese era o lugar onde enterraban ós seus mortos.
A zona onde se di que estaba Vilar de Porcos, hoxe chámase A Muradella.

[Recollido por Rosa Mª Lorenzo e Mercedes Mira en xaneiro de 1991]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Na miña aldea, Campobecerros (Castrelo do Val-ourense) cóntase tamén dun povo morto por unha invsión de formigas. Estaba no Invernadoiro, o Parque Natural

Enviado por Nuria o 31/03/2008 ás 20:16:57


Enviar comentario a este artigo: