Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Coxo de toupa

Coxillo. Erupción granular cutánea que sae en calquera parte do corpo por estar en contacto con insectos ou con outros bechos. A araña, a salamántica, a toupa, o sapo e a cobra, entre outros animais, poden causar coxo. Para curalo é bo o cuspe de certas persoas que saben bendecir o coxo, as que para ter ese poder deben matar tres toupas redondas, cada unha con tres puñadas. Contra o coxo é moi bo tamén o corno bendicido de Licornio, ou Alicornio, pasándoo pola parte dorida facendo cruces e sacudindo.
O coxo causado pola toupa é, con diferencia, o máis perigoso, pois igual que o animal foza e remexe a terra, así fai o seu coxo que foza na carne e remexe na ferida.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: