Actualizado en data 04/04/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Febreiro [día 1]

Neste primeiro día do mes de febreiro, nun bosque situado na desembocadura do Tiber, os romanos sacrificaban un touro de pelello escuro en honor a Helerno. Os celtas celebraban a festa de Imbolc en honor a Brigit, deusa do fogar, das colleitas e das artes, venerada por poetas, médicos e ferreiros. De Brigit, por certo, deriva o topónimo Brigantia.
A igrexa católica e a tradición irlandesa celebran este día en honor a Santa Bríxida, santa nacional de Irlanda, sustituta da anterior Brigit e bautizada polo mesmo San Patricio no século V.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: