Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Santa Bríxida

O primeiro día do mes de febreiro os celtas celebraban a festa de Imbolc en honor á deusa Brigit, protectora do fogar, das colleitas e das artes, venerada por poetas, médicos e ferreiros, A igrexa católica e a tradición irlandesa celebran este día en honor a Santa Bríxida, santa nacional de Irlanda, sustituta da anterior Brigit e bautizada polo mesmo San Patrico no século V. Repartía entre os esmolantes penlas de manteiga e da única vaca que posuía, cun ubre que nunca secaba, muxía leite para fartar ata a tres bispos que a visitaron. A igrexa aínda venera outra Santa Bríxida en xullo e en outubro, esta en honor dunha nobre sueca do século XIV. Esta santa, segundo conta ela mesma no libro "Revelacións" tivo moitas manifestacións da divindade e peregrinou, antes de enviuvar do seu esposo Ulf Gudmarson, a Compostela, a Roma e a Xerusalén.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A segunda santa Bríxida, a sueca, Brigida Birgersdotter (1303-1373), foi unha peregrina empedernida. Como xa fixeran os seus avós e pais, peregrinou por Europa, con especial atención a Santiago de C., onde tivo as visións que servirían de proba para a súa elevación á santidade. Por certo, o seu home morreu como consecuencia da peregrinación xacobea, á volta desta. É moi interesante o libro que lle dedicou Vicente Almazán co título "Santa Brígida de Suecia", Xunta de Galicia, 2001. É unha mostra máis da dimensión europea da peregrinación xacobea, que ás veces en Galicia non nos acabamos de crer.

Enviado por Manuel F. Rodríguez o 31/07/2015 ás 11:09:38


Enviar comentario a este artigo: