Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 216: A Ponte do Demo de Carboeiro

Está nas proximidades do mosteiro de Carboeiro, en Silleda (Pontevedra), no camiño de paso entre Silleda e Vila de Cruces que despois continúa até Santiago de Compostela. Foi construída no ano 862 sobre o río Deza, no mesmo lugar onde antes existira unha ponte de fábrica romana.

Os monxes de Carboeiro, cansos de que a ponte quedase inservible cada vez que se producía unha crecida, decidiron convocar o Demo para que lles solucionase o problema. Confiaban en que o Salterio de San Cipriano que posuían ‒parte da Biblia que contén os salmos‒ os salvase de calquera contratempo, e ofrecéronlle ao Demo, a cambio de erguerlles unha ponte indestrutible, as almas de todas as persoas que pasasen por enriba da ponte o día que finalizase a obra.

Os traballos comezaron un venres e debían rematar, como así sucedeu, o domingo pola mañá. Os monxes convocaron a xente para os rezos do domingo pola mañá e ordenáronlles aos asistentes que continuasen dentro do mosteiro ata que comezasen os rezos nocturnos. Como consecuencia, ninguén cruzou a ponte en todo ese día, e o Demo, tendo a ponte rematada, non percibiu nin unha soa alma das prometidas. O Demo, unha vez máis, a pesar da solvencia da súa obra, quedou sen recompensa.

Disque tempo despois, cando o salterio foi trasladado a Toledo por orde do bispo, o Demo volveu a Silleda e, en vinganza, destruíu a ponte que agora, grazas ás obras de rehabilitación financiadas pola Xunta de Galicia, aínda segue en pé, afortunadamente.

SerieMicromitos

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: