Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 099: A santa barbada

Liberata, Liberta ou Librada é santa galega. Segundo o Leccionario de Sigüenza naceu no 122 entre nove irmás. Co pai, Lucio Catelio, gobernador da Gallaecia, ausente, a nai, Calsia, deu a luz nove nenas —Xenivera, Basilia, Xermana, Vitoria, Mariña, Eufemia, Marcia, Liberata e Quiteria— polo que temendo que a acusasen de adulterio mandou tiralas ao río. Porén, a criada encargada do afogamento preferiu dalas en adopción e cando o pai soubo o que pasara, dispuxo casalas; no caso de Librada, cun príncipe mouro.

Ela, crente e casta, pediulle ao ceo que lle afease o corpo para que o pretendente a rexeitase. Naceulle barba e o pai, enrabechado pola astucia, mandou crucificala.

En Baiona, crendo ser alí o lugar de nacemento, fixéronlle unha igrexa no s. XVII, trouxeron unha reliquia de Sigüenza e desde entón fanlle honra o 20 de xullo.

Liberata e Wilgefortis non son a mesma santa pero coincide o de seren barbadas e o de morreren crucificadas. A mediados do s. XX a igrexa retirou a ambas do santoral oficial.

Unha curiosidade: lembran a Conchita Wurst!


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 19 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: