Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

A lumieira da ermida do san Bieito da Uceira

A ermida do san Bieito da Uceira sitúase no monte da Uceira, preto do lugar de Sandiás, concello de Sandiás (Ourense).
Cando a construcción da ermida de Sandiás un home levaba no seu carro a lumieira da ermida. Como era nun monte e antigamente non había camiño principal, o home parou o carro e seguiu só para escoller o camiño máis cómodo para subir a lumieira.
Cando volveu onde deixara co carro, este xa non estaba. Encontrouno despois xunta a ermida e a lumieira xa estaba colocada no lugar que lle correspondía.

[Texto e foto remitidos por Xavier Feixoo, Sandiás, Ourense]



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: