Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 089: Os Magos

Só Mateo no evanxeo canónico máis serodio fala dos magusàioi, magos camiño de Belén guiados por unha estrela. Non precisa cantos nin como se chaman, e tampouco que sexan reis,

Os magusàioi eran predicadores, expertos en rituais máxicos e astrolóxicos, seguidores de Zaratustra que dexeneraron en charlatáns de feira a consecuencia das persecución; unha tribo maldita coma os valuros galegos.

O número destes máxicos variou desde dous a varias ducias segundo lugar e época. Os cristiáns de Oriente dicían que eran doce mentres que a tradición occidental os reducía a tres ofrendas e tres portadores. As representacións iconográficas comezan no s. VI, cando Tertuliano lles chama por primeira vez reis.

Por un apócrifo redactado no s. VI, o Evanxeo Armenio da Infancia de Xesús, coñecemos os seus nomes e ocupacións. Melkón, rei dos persas, Gaspar, rei dos indios, e Baltasar, rei no país dos árabes. Beda, o Venerable, (673-735) chámalles Bithisarea (Baltasar), Milichior (Melchor) e Gathaspa (Gaspar), e fala dun que é fuscus (moreno) que non vai aparecer representado en imaxe ata o s. XV.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 5 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: