Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 046: As caveiras dos Vaos

Como estamos nos días reservados aos mortos imos até San Xoán dos Vaos, Ribeira de Piquín. No muro interior do pórtico da igrexa parroquial, lado oeste, fronte á fachada da igrexa, poden verse incrustadas cinco caveiras humanas formando un triángulo na parede caleada.

Para a interpretación da sorprendente composición seguimos a Miguel A. Abraira. Supoñen os veciños do lugar, dado o tamaño dalgunhas das caveiras, que poderían ser de adolescentes, aínda que esta opinión se contradí con outras que explican que os cranios poderían pertencer a antigos párrocos.

Suposicións, como tantas outras, relativas á función simbólica daquelas caveiras que “miran” desde o exterior cara o altar maior da parroquial.

Tampouco debemos desbotar unha idea que por simple non ten por que non ser considerada. Cando os vivos entran na igrexa non ven as caveiras que simbolizan a Morte, mais cando saen, ao contemplalas de fronte, vense na obriga de lembrar que existe.

Poida que só se trate dunha comunicación visual entre os dous grandes bandos nos que se aliña a existencia humana

«⇔»

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 3 de novembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: