Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 035: O arcebispo voador

Chamábase Pedro Muñiz, de alcume o Nigromántico. Naceu en San Fins de Brión e faleceu en Compostela en 1224, onde foi arcebispo co nome de Pedro IV desde 1207 ata a morte. Reconsagrou a catedral de Santiago en 1211, logo do remate das obras do mestre Mateo e está soterrado nada menos que no Pórtico da Gloria.

Estando en León parece que curou milagrosamente dunhas febres coa axuda de santo Isidoro, unhas quenturas que lle apareceran subitamente despois de arrepentirse por ter polemizado con engano con outro sabio. Usara citas falsas.

De tanto como estudiaba e do moito que amaba os libros creou fama de bruxo nigromántico, ou sexa, invocaba a axuda dos espíritos dos mortos. Seica devecía por atopar a pedra filosofal que procurou sen éxito na catedral de Santiago

A aventura máis famosa que se lle apoñen veñen nun episcopoloxio do s. XVI onde di "Dicen que fue a Roma y vino una noche de Navidad, sobre ciertas liçiones que eran obligados a cantar aquella noche un beneficiado ó dignidad de Santiago en Roma: ut multi ayunt " e que regresou aéreo de madrugada. Chegou a Santiago xusto a tempo para o rezo de matíns.

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 17 de outubro de 2020.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: