Actualizado en data 28/09/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 002: Somos fisterráns

Cando aínda non se sabía nin se imaxinaba que a Terra tiña feitura esférica, os nosos clásicos pensaban que remataba coa vella Europa, cabo da mar océana. Despois só auga e misterio. 

Tras do océano tenebroso estaría o Outro Mundo, as illas dos benaventuradas e, para os cristiáns, o Paraíso. Así con esas fantasías foi como se creou un imaxinario País das Ánimas que ao liberárense do corpo viaxan rumbo este-oeste pola rota do sol.

Galicia, como as beiras atlánticas irlandesa ou bretoa, é un Finis Terrae tras do que se oculta o sol cada ocaso. As augas fan de linde simbólico entre a vida e a morte.

Precisamente por sermos Cabo do Mundo temos a beiramar poboada de mitos, lendas e relatos de viaxeiros que procuraron descubrir que había tras do horizonte. Por iso temos tantos santuarios costeiros, desde a antiga Ara Solis aos cristiáns actuais, e, sobre todo, unha portentosa mitoloxía arredor da morte. E pola mesma razón, con certeza, naceu a idea de peregrinar polo chamado Camiño de Santiago que segue a estela das estrelas da Vía Láctea.

Serie: Micromitos

Publicación: Nós Diario, 2 de setembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: