Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 16 (2020): ARRIBAS ARIAS, F. e BLANCO PRADO, J. M.: Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros do municipio de Begonte

Autores: Fernando Arribas Arias e José Manuel Blanco Prado

O cruceiro que é, no sentir de Vicente Risco, “o moimento máis dino de nota na nosa arte popular”, adquire na Chaira rango de obra de arte máis que popular, propiamente emblemática dunha bisbarra e das súas xentes.

 Moimento popular, como obra de máns anónimas aínda que expertas (como as das tres xeracións dos Carboeira de Román), reflicte cabalmente o carácter modesto e de esforzo colectivo que foi a historia das xentes da Terrachá.

 Moimento de carácter campesino e mesmo de difusión recente ( en xeral, de pouco máis dun século), que expresa esa relación telúrica do chairego coa terra na que mora en vida e á que volta con frecuencia, de morto, con ocasión de festas e fiadeiros, pero tamén de “quimeras” ou “partillas”. Ten a forza da súa feitura (moderna) en pedra de cantería, que lle deu deste modo firmeza ás vellas cruces de pau que deberon inzar a meseta chairega durante séculos. E ten a enerxía oculta que lle concede a súa orixe popular e comunal, telúrica e mesmo panteísta, cristianada pola doutrina da Igrexa pero sen perder o seu saibo pagano [1].

...SEGUIR LENDO

 

[1] Extracto do Prólogo que realizou D. Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, para o libro “ Cruceiro de Begonte, Cospeito e Rábade”-

ARRIBAS ARIAS, F. e BLANCO PRADO, J. M.: Cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros do municipio de Begonte


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: