Actualizado en data 14/08/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Crenzas arredor dos días da semana: Domingo

Do dies Dominicus en latín pasamos a Domingo ou Día do Señor. Desapareceu, por tanto, a denominación pagá Solis dies ou Día do Sol. No calendario de festas relixiosas todos os domingos son importantes pero hai varios que destacan como os de Advento, de Ramos, de Resurrección ou Pascua, e tamén no calendario de festas profanas como os chamados corredoiro ou fareleiro do ciclo de Entroido.

Falando de prognósticos do tempo, o refrán afirma que “Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa”.

Se tratamos doutro tipo de agoiros, ollo! “Enterro en domingo, outro para o pingo”. Vaia, que o morto chama por outro!


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: