Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Viaxando coas ánimas chamadas Xans

«Aquí había un que lle chamaban Penacova, tamén contaba contos de que o levaban a Xans tódalas noites, a Xans, á procesión, levábao e despois cheghaba e a muller, claro, non o notaba, pero despois cheghaba e encontrábao frío e así tódalas noites, contoumo el a min eh, e un día, pois un foise confesar e o cura díxolle: “pois mira, tes que poñer terra de sete parroquias, de cementerios, non, de cementerios, e traela, e cando estea a alzar o cura métella no bolsillo ó fulano, unha pouquiña terra de cada”. Bueno, e así fixo, que viña e dicía el, eu non sei se foi verdade ou mentira, non o sei, pero que mo contou a min si, son cousas así, bueno, home claro, había moito conto ó tempo». (Juan Álvarez, 84 anos, Filgueira, concello de Crecente (Pontevedra)

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: