Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O carballo de san Bieito (Salceda de Caselas, Pontevedra)

​En Salceda, no pazo de Pegullal, que aínda hoxe existe, hai un carballo duns douscentos anos ao que se lle chama o Carballo de san Bieito. Aínda que xa lle van pasando os anos, ninguén se atreve a cortalo, nin podalo ou arrincarlle unha soa folla.

Conta unha lenda que a un dos donos desta quinta lle chegou un día un rumor de que debaixo desa árbore estaba enterrado un tesouro dos nobres que fundaran o pazo.

Un día, o listo do dono, decidiu cortar o carballo para coller o tesouro, mais, ao intentalo, pola súa gorxa comezaron a saír espullas e verrugas até case matalo. Neste trance, prometeulle a san Bieito que se sandaba destes males faríalle unha capela. Contan que sandou, e alí está o carballo cos seus douscentos anos e a capela de san Bieito ao seu carón. A quinta é privada, pero, pola devoción que se lle ten, todos os anos os donos ceden a capela para que en marzo e en xullo se celebre alí a súa novena.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu teño 70 anos e sempre recordei o carballo tal como esta hoxe. Miña bisaboa Concepcion vivia en Pegullal e recordo que nos decia que o famoso carballo tiña mais de 500 anos. Non sei si seria certo on non, pero 200 anos parecenme poucos.

Enviado por Miro o 26/11/2019 ás 18:07:38


Enviar comentario a este artigo: