Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Galo de Barcelos

A orixe da lenda conta como un mozo galego que pasaba por Barcelos (Portugal), peregrino a Compostela, foi acusado dun roubo, ou crime, inxustamente e condenado a morrer na forca.

Curiosa situación. Mentres declaraba a súa inocencia diante dun xuíz que estaba papando un galo asado, díxolle:

—É tan certo que eu son inocente, como certo é que ese galo ha cantar cando me aforquen!

Ao xuíz fíxolle gracia pero non o creu e mandou que o aforcasen de contado. E foi que cando estaba xa disposto o nó da corda para aforcalo, o galo levantouse e cantou. E así foi como se librou o peregrino galego de morrer.

Tempo despois volveu a Barcelos e fixo ou mandou facer o fermoso Cruzeiro do Senhor do Galo, unha peza singular do s. XIV depositada no Museo Arqueolóxico de Barcelos, que representa a lenda en baixorrelevo. Lenda, por certo, practicamente idéntica a outra moi famosa que se localiza en pleno Camiño Francés, en Santo Domingo da Calzada, provincia de Burgos.

O Galo de Barcelos é na actualidade un dos símbolos de Portugal.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: