Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A orixe de Santo Estevo do Val

Tamén chamada parroquial de Santo Estevo do Vicedo, no concello do mesmo nome. A igrexa foi construída sobre un castro e reformada a finais do s. XVIII.

Dentro da igrexa hai dúas pinturas datadas en 1835 que representan o xuízo e o enterro do santo padroeiro. Atribúense a Juan de Castinande1.

Cóntase que a orixe da igrexa ten que ver coa aparición, logo de violenta tempestade, dun cadro coa imaxe do santo Estevo onde lle din O Altariño, na praia de Xillou. E aínda hai outra xente que di que foi na Fonte do Santo.

Ocorréuselles aos veciños poñer o cadro sobre un carro tirado por bois, gobernados por un home alcumado Cereixeiro. Onde o carro parou, ergueuse o templo.

Tamén hai xente que opina que foron os templarios da Coelleira os que levaron a imaxe para alí.

____

1 Juan Bernardo Pérez naceu en 1784 no lugar de Castinande, Anllo, concello de Sober. Formaba parte dunha familia de artistas coñecidos como 'Os pintores de Santa Cruz”.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: