Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Cristo de Mouraz

En Mouraz, no cumio da Serra da Faladoira, a carón dunha encrucillada de antigos camiños, entre eles o mítico Camiño dos Arrieiros que comunicaba as Pontes coa Estaca de Bares, queda o esteo de pedra do que se cre foi en tempos moi antigos un marco divisorio entre catro parroquias da provincia da Coruña; Devesos e Couzadoiro, pertencentes ao concello de Ortigueira, e Grañas do Sor e Mañón, do concello de Mañón.

Sobre o esteo pétreo parece que houbo unha cruz, xa hai tempo desaparecida, que sería a que lle deu o nome: Cristo de Mouraz.

Por ese lugar pasaban, ademais dos arrieiros, os que ían en romaría a Santo André de Teixido ou en peregrinación ao Santiago de Compostela. Na zona abundan os túmulos megalíticos que describiu Federico Maciñeira.

Na memoria queda que alí facían reunión os catro curas párrocos, que merendaban e aínda botaban unha partida aproveitando o mesado sobre o que asentaba a cruz. Disque entre tanto cada crego tiña os pés pousados no chan da súa parroquia pois debaixo daquel mesado cruzábanse as liñas divisorias das que gobernada cada un.

No ano 2006 constituíuse unha comisión composta por veciños das catro parroquias coa idea de reconstruír o Cristo e recuperar a concordia veciñal organizando unha romaxe anual. Parece que non tivo éxito.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: