Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O San Cosme da Montaña

O 26 de cada setembro celébrase en Galgao, concello de Abadín (Lugo), a romaxe do San Cosme.  Festa de moita sona nas comarcas  e  concellos lindantes (Abadín e Terra Chá, Mondoñedo, A Pastoriza…) á que todos acudimos algunha vez para pedir axuda na enfermidade, con exvotos e ofrendas.

Parécenos que a mellor descrición que se fixo nunca desta romaxe foi a do médico e poeta mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro, quen lle dedicou en 1895 este poema titulado “Unha festa como hai moitas”. Un poema longo, costumista, descritivo mais cargado de ironía e de dardos abondo críticos contra certos hábitos da igrexa e o negocio que se monta arredor destes xuntoiros relixiosos.

Desde o ano 1925 a igrexa onde se celebra a romaxe está a carón do Alto da Xesta e agora da autovía A8, a poucos metros do famosísimo Alto do Fiouco. Daquela, cando M. Leiras Pulpeiro escribiu este poema, o templo estaba no lugar de Os Samordás, non lonxe do actual, na pendente que dá cara ao val de Mondoñedo.

De Mondañedo a unha légoa,

Non curta, por máis que digan;

Á esquerda da carretera

Por que se vai pra Castilla,

Nun monte que hai moi constento,

.............................................

Poema:“Unha festa como hai moitas” (PDF)

Manuel Leiras Pulpeiro. Obra completa. Estudo crítico de X. L. Franco Grande Fundación penzol, 1970.

 

Manuel Leiras Pulpeiro, o home que amou a verdade e practicou o ben

A gran relevancia social, política, literaria e profesional da Manuel Leiras Pulpeiro  foi ampla e cabalmente estudada e interpretada por numerosos investigadores. O Leiras médico, “o médico dos pobres”, o político, o poeta, o lexicógrafo, o fraseólogo, o etnógrafo, o filántropo, o afeccionado á pintura e á música … . De toda esa ampla variedade de preocupacións e ocupacións dexérgase  a coherencia dun home humanista, altruísta, parcial cos desfavorecidos, belixerante cos poderosos.

Manuel Leiras Pulpeiro naceu en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e morreu na mesma cidade o 9 de novembro de 1912. O 8 de novembro sofre un ataque cerebral e o día 9, sábado, ás 4 da madrugada, morre con tan só 58 anos de idade. Leiras era xa entón un personaxe coñecido pola súa actividade literaria e política, por ser un médico honesto e moi querido en toda a comarca, e, sobre todo, por ter sona de coherente cos seus ideais republicanos e laicos.

Casara polo civil e o enterro, tamén civil, celebrouse na “parte neutra” do cemiterio municipal o luns, 11 de novembro, ás doce da mañá. Asistiron máis de dous milleiros de persoas e recibiu ducias de coroas e ramos de flores de correlixionarios, colegas, amigos e institucións como a RAG.

Ao enterro asistiu unha multitude do pobo, alcalde e forzas vivas, agás os representantes da igrexa. Mentres a prensa católica local pregoou como advertencia “Deus non irridetur” (de Deus ninguén se burla impunemente), unha pancarta rezaba: “Viva la República de Mondoñedo”.  

Unha festa como hai moitas (M. Leiras Pulpeiro)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Grazas, Iolanda. Compartimos esa emoción!

Enviado por Galicia Encantada o 28/09/2017 ás 17:47:29


Gosto muito do médico-poeta mindoniense. Desde há muitos anos tenho um velho livro d poemas de el. Mais aínda nunca visitara a sua cova até este ano. Emocioneime muito e lembrei quanto tería gostado d estar no seu enterro quando aquel bravo povo mindoniense se enfrentou á curia e asistiu multitudinariamente a darlhe o derradeiro adeus. O médico-poeta dos pobres, bem merecia!
Obrigada por esta informação.


Enviado por iolanda teixeiro o 28/09/2017 ás 17:41:22


Enviar comentario a este artigo: