Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os milagres da Virxe de Fátima de Bravos

En Bravos, concello de Ourol (Lugo), celebran a Nosa Señora de Fátima desde 1950 nunha das capelas da igrexa parroquial, desde que, por iniciativa do crego Vicente Gradaílle, levaron a imaxe en procesión desde Viveiro.

Desde entón atribúenselle, cando menos, dous milagres

O primeiro foi en 1950, cando o camión que levaba a imaxe da Virxe pasaba por Galdo por diante da casa do entón adolescente Plácido Balseiro, que estaba paralítico,. A imaxe da Virxe enganchou nunhas pólas e o mozo ao vela ergueuse e dixo:

—Vai caer!

E desde aquel mesmo instante botou a andar.

O segundo milagre sucedeu cando levaron a imaxe da Virxe á casa de Dolores Villar, unha muller encamada por culpa da tuberculose e dunha peritonite que desde entón quedou totalmente curada.

A xente acode masivamente en peregrinación entre o 5 e o 13 de maio  de cada ano para pedirlle saúde. Non se descarta que obrase máis milagres.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: