Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 12 (2016) BLANCO PRADO, J. Manuel: O Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (Begonte, Lugo)

© José Manuel Blanco Prado

 Artigo publicado anteriormente en Anuario Brigantino, nº 38 (2015)

A relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten as súas peculiaridades, xa que posúe a súa maneira de vivir a fe e de proxectala ao exterior. Unha relixiosidade é popular cando se configura con ese pobo e manifesta o seu sentir. Constitúe unha parte da cultura, dun xeito de pensar e de vivir. E popular o que o pobo crea. Tamén o que recibe, asimila e fai propio. Polo tanto, a relixión de cada grupo humano é unha especie de colección viva de ritos, vivencias, que un pobo vai reunindo ó longo da súa historia. Ese sentimento e modo de pensar está reflectido nas tradicións e costumes, nos ritos, no folclore, nas festas etc.

Por outra banda,  o fenómeno relixioso popular tenta dar solución ás necesidades non satisfeitas polo sistema relixioso oficial. Polo tanto fronte á linguaxe conceptual do sistema oficial, que é inintelixible para a xente sinxela, a relixiosidade popular tende de cara a outras linguaxes baseadas na sensibilidade e na imaxinación. Como produto da sensibilidade proxectámonos de cara ao singular, concreto e tanxible, reflectido nas imaxes, símbolos de entidades divinas. Como produto da imaxinación proliferan as narracións e lendas, que son instrumentos de transmisión oral de diversos eventos relixiosos. Estas novas maneiras de percepción do sagrado están máis cercanas ao corazón que ao entendemento. Polo tanto, non resulta estraño que a relixiosidade popular se mostre máis como a manifestación daqueles que senten e ven, que dos que saben e coñecen. (seguir lendo este artigo)

BLANCO PRADO, J. Manuel: O Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (Begonte, Lugo)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: