Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Auto e cantos de Reis de Melide

Polo Nadal celebrábanse en Melide este tipo de autos. Hoxe xa non se practican, posto que foi unha das tradicións que quedaron en desuso. Un acto de adoración ó Neno dentro da antiga igrexa parroquial de San Pedro (demolida no ano 1949). O Auto foi escrito polo crego melidán- colaborador no “Terra de Melide”- Amador Rodríguez Martínez, e cada un dixera as súas estrofas:

                                                      Eu son un pobre galego

                                                     que de Melide chegou agora

                                                     e de regalo che traio

                                                     melindres da Melchora

Esta é unha mostra de tantas representacións que se acostumaban facer nas datas de Nadal en  Melide. Hoxe xa non se practican, unha das tradicións que quedaron esquecidas.

NOTA: Foto (de comezos  da década dos 30 do s. XX) e texto extraídos do Boletín nº 10 do Museo da Terra de Melide, no artigo  “Fotos de Melide” de Xosé Manuel Broz Rei.

Cantos de Reis recollidos en Melide (Ver PDF)

Foron publicados no libro “Terra de Melide”, Seminario de Estudos Galegos, 1933. Cantábanse para ir pedir os aguinaldos, son anteriores o ano 1933, data da publicación da obra nos capítulos “Folclore de Melide”, de Vicente Risco e Amador Rodríguez Martínez, e “O Folclore musical de Melide” de Eduardo M. Torner e Xesús Bal e Gay.

[Remitido por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Novembro de 2016]

Cantos de Reis recollidos en Melide (PDF)(1).pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: