Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O San Vicenzo do Pico Ferreira

O Pico Ferreira atópase a 355 metros de altitude, no concello de San Sadurniño (A Coruña). No cumio hai unha gran rocha cunha tumba antropomórfica escavada na mesma. Cóntase que xunto á pena con pías naturais había unha ermida coa imaxe do San Vicenzo. Un bo día, os veciños decidiron trasladar a capela para o lugar onde se atopa a actual igrexa de San Paio de Ferreira. Mais o santo non estaba cómodo no novo emprazamento polo que todas as noites volvía ao Pico Ferreira para durmir na súa cama (o sepulcro antropomorfo).

Os veciños, cansos de ter que ir a buscalo cada mañá, acordaron encadealo, único xeito de que non fuxira cada noite. Aseguran que se o ceiban das cadeas coas que o ataron, o San Vicenzo volvería a escapar para o seu lugar de orixe. Polo sitio vense varias penas con pías naturais pero tamén con coviñas feitas pola man do home, acompañadas por cruces.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Agosto de 2016]

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: