Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro da igrexa de Viladicente

No muro que pecha o adro-cemiterio pola parte dianteira, xusto enfronte da entrada principal da igrexa de Viladicente, concello de As nogais (Lugo), hai unha lápida de mármore branca (foi feita en Lugo por un tal V. Reija) que pon:

"ROGAD A DIOS/POR/D. JOSÉ Mª CHAVARRIA/GONZÁLEZ/PÁRROCO DE ESTA PARROQUIA/QUE FALLECIÓ/EL 4 NOVIEMBRE DE 1923/A LOS 58 AÑOS/D.E.P.".

Un pouco máis arriba á esquerda da lápida hai unha ferradura que, se di, foi mandada colocar polo cura no ano 1908 ou 1909 para atar o seu cabalo. Ao pouco de chegar á parroquia, don José María atopou debaixo do altar unha saca con 15.000 pesetas, un "tesouro", marmurara. Unha freguesa que nese momento estaba canda el díxolle que eses cartos viñan ben para a aldea, ao que o cura lle respondeu que eran cartos de Deus. Sempre houbo a certidume de que o cura tivo un fillo que foi estudar para o Seminario de Lugo. Unha vez alguén lle botou en cara ao mozo que era fillo do párroco, ao que este lle respondeu: "Do párroco e de 15.000 pesetas".

[Texto remitido por Xabier Moure Salgado. Xuño de 2016]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: