Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Nacidas (Responso para os animais)

(Coa cota dun coitelo facer cruces no animal, ao tempo que se vai dicindo a oración)

Couto collo con ferro e aceiro,

quítocho dos ósos e bótocho na carne,

e quítocho da carne e bótocho no coiro,

e quítocho do coiro e bótocho no pelo

e quítocho do pelo e bótocho no ferro,

e o ferro cravalo no chao.

Con perdón de Dios e da Virgen María,

un padrenuestro e unha Ave María.

(Repetilo tres veces)

Recollido de Dolores Sánchez Sánchez, nacida en Barallobre, Carballo, concello de Friol (Lugo) en 1914 e falecida en Lugo en 2011. Exerceu de menciñeira moitos anos, e foi moi recoñecida en toda a bisbarra, en especial pola súa man e pola eficacia do responso contra as nacidas do gando tanto na xente como nos animais.

Chámase nacidas (carbunco, lobado) a unha enfermdiade infecciosa provocada polo bacillus anthracis que padece o gando vacún e ovino. Esta doenza pódese transmitir aos humanos que teñen contacto con animais enfermos.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: