Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Sabina Ramos Mosquera. A vidente de Vilaxoane

Sabina Ramos Mosquera é unha desas persoas, poucas e cada vez menos, que se coñece máis polo seu alcume que polo nome que recibe na pía bautismal. Sabina era coñecida en Foz como “A Cartonera”, nome que herdará a súa filla Remedios.

O citado alcume chégalle a Sabina pola profesión que exercía, a cartomancia. No Foz de principios do XX, onde a fame e a penuria campaban polo pobo, era moi difícil sobrevivir. O pouco traballo, a escasa educación, nula en moitos casos, condicionaba a situación de cada familia. Os traballos atopábanse no campo e no mar, se eras home, porque se eras muller o mar xa estaba vedado, quedando tan só para elas as labores do fogar e as do campo, estas últimas sempre e cando tiveses cartos para arrendar unha terra.

Neste hostil Foz unha muller sen estudos, sen preparación, tendo moi pouco ou case que nada lido, foi quen de sacar cartos das pedras. Sabina non era culta nin estaba instruída pero debía de ser moi intelixente para poder convencer aos veciños e ás veciñas de Foz de que podía ver o futuro ou acabar con meigallos.

Sabina dedicouse, entre outras moitas labores, á cartomancia, á adiviñar o futuro a través dar cartas. Por este traballo coas cartas será bautizada polo pobo co nome de “A Cartonera”.

De Sabina temos recollido oralmente moitas historias das que pensamos que a metade delas son inventadas e que a outra metade son esaxeradas, soe pasar no noso pobo. Mais neste blog falamos de datos históricos documentados e non facemos caso ao que se comenta.

De Sabina temos recollidas dúas noticias aparecidas na prensa. A primeira delas data do 11 de xaneiro de 1928 e atopámola no xornal El Progreso, nela fálasenos dun accidente de coche: “Varias mujeres heridas. Una camioneta con viajeros que marchaba por la carretera de Villamar a Barreiros, al llegar al kilómetro 3 de la misma perdio la dirección y volcó precipitándose por un terraplén de unos diez metros de desnivel.

Del accidente resultaron lesionadas Consuelo Naray Teijeiro, Pilar Rodríguez Orosa, Sabina Ramos Mosquera, Elvira Fraga Núñez, vecinas de Foz y Adelina Janeiro Cortegaza, vecina de la parroquia de Villarente. Conducía la camioneta el vecino de la parroquia de Fazouro Jesús Doval Naray, el cual ha sido puesto a disposición del juzgado correspondiente”. Esta mesma noticia aparece recollida no xornal El Regional do 11 de xaneiro de 1928.

A segunda noticia sobre Sabina atopámola en varios xornais tamén, en concreto no Diario de Santiago (01/03/1917) e no Eco de Santiago (02/03/1917). En ambos xornais recollen a noticia da detención de Sabina Ramos, acusada de exercer como vidente. O xornal que mellor recolle este suceso non é ningún dos anteriores senón La Idea Moderna, no que no seu número do 27 de febreiro de 1917 aparecía a seguinte noticia:

 “En la aldea de Villajuane, cerca del hermoso  pueblecito de Foz, hay una “sabia” a quien acuden para enterarse de las intrigas del amor de las infidelidades de ellos y hasta de los más íntimos secretos del hogar de las familias, las crédulas mujeres y algunos cándidos hombres, que tienen fe ciega en la nigromancia.

Una “Sabia” misteriosa que recibe a sus clientes con aparato sonambulesco y oculta en la penumbra de apartado aposento, va tirando las cartas de mugrienta baraja y recitando en alta voz las sacramentales palabras de “una carta, agua por medio” y si salía una sota “aqui anda una señora”, etc., etc., una “sabia”, la hay en todas las comarcas que no falta en ningún pueblo.

Pero es el caso de la de Villajuane, según la celosa benemérita de Foz, tiene gran nombradía, goza de bien cimentada reputación y ha dado motivo a varias disidencias en diferentes familias honradas.

Y los del tricornio de Foz, se consideraron obligados a denunciarla ante aquel juzgado municipal, como infractora al número 3º del artículo 606 del código penal. No sabemos si la “sabia”, es una mujer casada, de 40 años de edad y se llama Sabina Ramos Mosquera, estará al tanto de lo que es eso del 606. Pero en verdad que la Sabina va a ganar mayor crédito como cartomancera, con la denuncia, en los que consta además lo económico de la operación. Sabina Ramos viene cobrando sus adivinaciones al módico precio de 25 céntimos. Y tal estipendio es muy mezquino para abusar de la credibilidad pública y promover disensiones en las familias. Hay que subir la cuota, Sabina. Y cuidar además de no echarle las cartas a las mujeres del cuartel de la guardia civil”.

Nos sabíamos que a Sabina a detivera a garda civil pero descoñecíamos a razón. Tal vez sexa unha posible a que se nos apunta ao final do artigo, a de enganar ás mulleres dos gardas civís.

Sexa como fose a Sabina aplícanlle o apartado segundo, non o terceiro como se afirma na noticia, do artigo 606 do código penal vixente en 1917 que di o seguinte: “Los que por interés o lucro interpretaren sueños, hicieren pronósticos o adivinaciones o abusaren de la credulidad pública de otra manera semejante”.

Non erraba o xornalista ao afirmar que a fama de Sabina ía medrar, porque medrou, e non a abandonou ata a súa morte.

[ Este texto, da autoría de Xoán Ramón Fernández Pacios, foi publicado previamente no blog ‘O gabinete de Foz’]

 

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: